lunes, 8 de julio de 2013

"O Home Almofada", seleccionado para a MIT de Ribadavia!!!!


Estimad@s amig@s de IlMaquinario Teatro: sentímonos absolutamente felices, satisfeitos e encantados de poder comunicarvos A NOSA PARTICIPACIÓN CO ESPECTÁCULO O HOME ALMOFADA na MIT 2013!!!!! Para nós supón unha enorme honra a posibilidade de formar parte deste festival de tan longa e importante traxectoria e, por suposto, de poder facelo ao carón de profesionais tan grandes como son todos aqueles cos que compartimos cartel nesta 29 ª edición. A representación terá lugar na Casa de Cultura de Ribadavia o día 27 de Xullo ás 21:00 h.

Moitas grazas a tod@s @s que nos apoiastes e apoiades; sen vós todo isto non tería sido posible!!! 


Velaquí o enlace á programación da Mostra: http://mitribadavia.com/programa/#